Friday 03 de May de 2024

O Concello cede as instalacións do Aquarium para a actividade infantil “Durmiendo con tiburones”


A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza esta nova iniciativa, dirixida a nenos de entre 7 e 11 anos, durante as festas de Nadal

O Concello aprobou na Xunta de Goberno Local do pasado venres unha proposta do área de Cultura para favorecer a promoción dos Museos Científicos Coruñeses. En concreto, autorizou á Asociación de Amigos da Casa das Ciencias a organización do programa Durmiendo con tiburones no Aquarium Finisterrae.
O acordo permite á Asociación de Amigos da Casa das Ciencias quedar exenta de abonar as taxas polo uso destas instalacións municipais e así abaratar a actividade, declarada de interese cultural e social. A iniciativa diríxese a máis de 200 nenas e nenos de entre 7 e 11 anos, que participarán en grupos dun máximo de 20 persoas por sesión entre as 19.00 horas e as 11.00 horas do día seguinte.
As sesións incluirán talleres sobre biología mariña e tiburones, durmir pola noite na Sala Nautilus e un almorzo nas instalacións do Aquarium. Para cubrir os gastos de manutención e seguro, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias fixará un prezo de 35 euros por participante. A actividade Durmindo con tiburones desenvolverase durante este mes de decembro (os días 21 e 23 e do 26 ao 30) e a principios do próximo ano (os días
2, 3 e 4 de xaneiro).
Para participar en Durmindo con tiburones será necesario preinscribirse chamando, en horario de oficina (a partir das 08.30 horas), ao número de teléfono 981 189 842, a partir de mañá, luns 15 de decembro. En cada sesión poderán inscribirse 20 nenos como máximo. A inscripción definitiva quedará formalizada unha vez efectuado o pago. A data límite de pago será o vindeiro mércores, día 17. A actividade, organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, ten un prezo de 35 euros por neno. Para máis información pódese consultar a páxina web www.mc2coruna.org.

REHABILITACIÓN
Na última sesión da Xunta de Goberno tamén se acordou asinar un convenio entre o Concello e a Autoridade Portuaria da Coruña para manter a Oficina Municipal de Rehabilitación no centro de lecer dos Cantones Village, situado na avenida de Alférez Provisional. O emprazamento actual da oficina favorece a atención dos cidadáns, polo que o Concello decidiu manter estas dependencias municipais neste centro de lecer. O novo convenio terá unha duración de dous anos e entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2015.